Copy
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Ver este correo no teu navegador
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Fondo Informa

05/06/2014


O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade lanza este boletín electrónico para informar ao sector e á cidadanía en xeral sobre as últimas novas da cooperación municipalista. Tamén atoparás as próximas citas na axenda solidaria das deputacións e concellos socios, entre outras cuestións de interese.
Facebook
Twitter
YouTube

IAF 133

AXENDA


06/06/14 Rianxo

Contos da Tropa de Trapo. 18h Praza Rafael Dieste.


06/06/14 Poio

Obradoiro de fotografía social. 17h Casa Rosada.


06/06/14 Poio

Ciclo de Cine con Fondo sobre xénero. 20h Casal de Ferreirós.


17/06/14 San Sadurniño

Contos da Tropa de Trapo. 12.30h Casa da Cultura.
 

13/06/14 Poio

Mesa redonda e Ciclo de Cine con Fondo sobre xénero. 19h Casa Rosada.
 

13/06/14 Cambre

Contos da Tropa de Trapo. 12h CEIP O Graxal.
 

21/06/14 Riveira

Contos da Tropa de Trapo. 12h Auditorio.


Ata 08/06/14 Burela

Exposición 'Galicia-Cabo Verde: unha irmandade'. Casa da Cultura.
 

Ata 22/06/14 Ourense

Exposición 'Os Obxectivos do Milenio'. Centro cívico A Cuña.
 

Ata 30/06/14 A Laracha

Exposición 'A paz cuestión de fondo' no edificio de servisos múltiples.

Aulas de fotografía social

Gabriel Tizón imparte clases maxistrais e Rober Amado obradoiros de fotografía social no marco do concurso Imaxes con Fondo 2014.

Adíase a convocatoria

Ata o 7 de xullo permanecerá aberta a convocatoria de subvencións dirixida aos axentes de cooperación para a execución de proxectos de desenvolvemento nos países do Sur, dotada con 100.000 euros.

Plataforma 2015 y más

O investigador Nacho Martínez reflexionou sobre os retos da nova axenda internacional no encontro dixital #Alén2015 de maio.

Avances en Mozambique

A iniciativa cofinanciada a Ecos do Sur está a mellorar as condicións educativas e sanitarias na escola de Hitakula das Mahotas.

Vacacións con Traballo

A Comisión Executiva vén de resolver a adxudicación das prazas destinadas ao persoal técnico municipal para colaborar en terreo cos proxectos que o Fondo Galego apoia en Cabo Verde e Nicaragua.

Vídeo do proxecto no Salvador

Xa está dispoñible a peza que resume a iniciativa con Agareso para a prevención de riscos fronte aos desastres naturais e mais a visita de Radio Tehuacán.
2014 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.


Dar de baixa esta suscrición    Actualizar as miñas preferencias de suscrición

Email Marketing Powered by Mailchimp